Skip to Content

LISTAXE MATERIAL CURSO 24/25

Deixamos as listas de material escolar por cursos. 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR 24/25

PARA 6º INFANTIL, 1º,2º,3º,4º,5º PRIMARIA

No DOG do 20 de maio de 2024 saen publicadas as axudas para adquirir libros de texto (1º, 2º de Primaria), fondo solidario de libros de texto (3º, 4º de Primaria), e axudas para material escolar (todos os cursos de Primaria) para o curso 2024/2025.

O alumnado que pasa para 5º, 6º de Primaria terá libros dixitais (E-DIXGAL), polo que só pode pedir as axudas para mercar material escolar.

Aclarar que estas axudas se adxudican segundo a renda familiar (declaración da renda de 2022).

O prazo máximo para a presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024 (inclusive).

No documento adxunto tedes unha folla resumo elaborada polo colexio,

Os Anexos I e II podedes recollelos no colexio. Tamén podedes descargalos en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros.

Toda esta documentación podedes entregala no colexio ou a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal ,formulario normalizado ED330B-anexos I e II.

 

 

PARA 6º PRIMARIA QUE PASA PARA 1ºESO

No DOG do 20 de maio de 2024 sae publicada a participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado da ESO para o curso 2024/2025.

Aclarar que estas axudas se adxudican segundo a renda familiar (declaración da renda de 2022).

As familias do alumnado de 6º de primaria que pasa para 1º ESO, deben presentar no Instituto a seguinte documentación:

-- Anexos I e II. Podedes recollelos no colexio ou instituto. Tamén podedes descargalos en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros.

-- Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da familia.

-- Sentenza de separación ou divorcio, se é o caso.

O prazo máximo para a presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024 (inclusive).

Toda a información e documentos para descargar aquí: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros

Toda esta documentación podedes entregala no Instituto ou a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal ,formulario normalizado ED330B-anexos I e II.

 

PROCESO DE RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2024/2025

  • Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro é a reserva de praza para un centro adscrito, ou sexa,  o alumnado de 6º de Ed.Infantil (aula de Baldráns) adscrito ao CEIP DE CALDELAS para 1º de Primaria, e o alumnado de 6º de Ed.Primaria adscrito ao IES INDALECIO PÉREZ para 1º da ESO.
  • Do 1 ao 20 de marzo será a solicitude de admisión en novos centros, ou sexa, o alumnado que vaia para un centro novo, non adscrito a outro.
  • Do 20 de xuño ao 1 de xullo será a matrícula no CEIP DE CALDELAS para Ed.Infantil e Primaria.
  • Do 23 de xuño ao 8 de xullo a matrícula para Ed.Secundaria (ESO).

 

Aclarar que o alumnado que está actualmente no centro, NON TEN QUE FACER NINGÚN TRÁMITE.

 

No arquivo adxunto de abaixo tedes a información completa.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Xa está publicada no taboleiro de anuncios do colexio a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso 2024/2025. Podedes pasarvos a consultala ou chamar ao propio centro. O seguinte paso será a formalización da matrícula entre o 20 de xuño e 1 de xullo.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

 

Xa está publicada no taboleiro de anuncios do colexio a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido para o curso 2024/2025. Podedes pasarvos a consultala ou chamar ao propio centro. O 15 de maio publicarase a listaxe definitiva.

Alumnos/as admitidos na reserva de praza para o curso 24-25

Novas sobre os alumnos/as admitidos na reserva de praza para 1º de E.P. o curso 24-25.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Aquí tedes información sobre as actividades extraescolares para este curso 2023/24, tamén como ficheiro adxunto.

 

MENÚ COMEDOR MES DE SETEMBRO

Aquí tedes o menú do comedor no mes de setembro, tamén como documento adxunto:

DOCUMENTACIÓN COMEDOR ESOLAR CURSO 23/24

OS SERVIZOS DE AULA MATINAL, COMEDOR E AULA TARDÍA COMEZAN O LUNS 11 DE SETEMBRO.

Para usar ditos servizos deberedes estar inscritos. 

 

Os formularios xa os recibistes na aplicación ABALAR.

 

Adxuntamos a documentación necesaria para facer uso do servizo de comedor escolar xestionado pola ANPA:

- Inscrición no comedor

- Autorizacións de recollida

- Autorización administración de medicamentos

Preferiblemente pedimos que as enviedes cubertas ao correo electrónico da ANPA: ceipcaldelasanpa@gmail.com  Como moi tarde o xoves ata as 19h. Agradecemos que as enviedes o antes posible.

Se alguén non pode enviala ao correo, pode entregala no cole esta semana en horario de 9 a 2. O martes pola tarde de 16 a 18

MENÚ ESPECIAL FIN DE CURSO

O MARTES 20 DE XUÑO HABERÁ MENÚ ESPECIAL NO COMEDOR!

Distribuir contido


by Dr. Radut