try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Quinto

Quinto de primaria

Traballando coa prensa

Este curso 5º e 6º entramos no proxecto A voz na escola do xornal La Voz de Galicia, por iso recibimos 10 xornais cada mércores, cos que traballamos ao longo da semana en diferentes actividades e materias, ata en Plástica. Estanos a dar moito xogo, e sempre que podemos traballamos as linguas cos xornais. 

Votando na biblio

O martes xa tiñamos todos os logotipos para o proxecto da BBS así que aproveitabamos a sesión semanal de biblioteca para escoller os 3 deseños que nos representarán na votación xeral. Foi complicado escoller, había logotipos moi bos. 

Para a semana veremos os de todas as clases. 

Sempre dando a nota

A BBS encargounos a todo o alumnado do cole que elaboraramos un deseño que fora a imaxe do proxecto da biblioteca para este curso: a música e a danza. E puxémonos mans á obra. Están saído moi boas ideas e logos ben bonitos. 

Conclusións sobre o balor

Despois de 10 días observando o iogur destapado e vendo como medraba e medraba o mofo, abrimos o que estivera tapado. Para a nosa sorpresa, e contradicindo todas as nosas hipóteses, non tiña balor, pese a levar máis de 20 días caducado e arrecendía a iogur natural normal. 

Martes, 31 de outubro

E chegou o día! 31 de outubro, Samaín! En 5º o que máis gusta dese día no cole é o túnel e os disfraces e, como non podía ser doutro xeito, houbo túnel, disfraces e tamén película, xogos, obradoiros de comida terrorífica, música e papatoria. Desta vez comemos os alimentos elaborados nos obradoiros e castaña! Celebración dobre, Samaín e  Magosto!

Samaín no colexio

Luns e martes o Samaín encheu o colexio todo: a entrada, os corredores, as aulas, a biblio... Viva o Samaín!

Indo para o Samaín

O luns o grupo de Proxecto Competencial representou na biblioteca a obra de teatro Indo para o Samaín. Fixérono moi ben. Entrade no blog da BBS para ver a reportaxe completa. 

Xa vén o Samaín

Comezamos a decorar o cole para celebrar o Samaín que xa está a chegar. En Quinto puxémonos mans a obra. Continuará...

Mochilas Viaxeiras

Hoxe saíron as primeiras Mochilas Viaxeiras deste curso. En Quinto tocoulle a Leo e alá marchou para Paradela coa mochila cargada de boas lecturas. Risa

                                                                                           

Distribuir contido