try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Foliada reivindicativa no Brea Segade

A ANPA do Brea Segade, en colaboración co centro, convídavos ás familias, colectivos e persoas que queirades formar parte desta acción á foliada reivindicativa que celebraremos este venres, 27 de setembro, no xardín da escola.

Desta volta, e coa vosa colaboración, substituiremos os berros por música cos instrumentos que teñades a ben traer, e tamén aproveitaremos para merendar todxs xuntxs (crianzas e maiores) cos doces e salgados que queirades aportar.

E por que o día 27? Porque 27 son os alumnxs da unidade que a Consellería de Educación se nega a desdobrar no CEP Xosé María Brea Segade.

Coma sempre, agradecemos a difusión e a colaboración, xa que é o xeito que temos de facernos oír. Grazas!!