try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Información sobre o Bono Concilia Familia

INFORMACIÓN SOBRE O BONO CONCILIA FAMILIA

Estamos á espera de que abra o prazo para solicitar o bono deste ano, polo que de momento descoñecemos as bases.

 

O bono solicítase á Xunta, que é quen o concede, polo que en todo caso hai que presentar a solicitude que facilite a Xunta a tal efecto cando abra o prazo, xunto coa documentación que esta determine nas súas bases. 

 

O que se pode ir solicitando é o XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO DO CAMPAMENTO (pode presentarse por rexistro unha solicitude xeral no concello na que poden incluírse 1 ou varixs nenxs, e pode solicitarse tamén para campamentos da Xunta ou campamentos privados). Dende Xuventude logo emitirían 1 xustificante por recibo.

 

Hai que agardar a que se publiquen as bases para ver que documentación hai que achegar exactamente, e se nesas bases permitirían ou non presentar a solicitude por rexistro en papel no concello, pero probablemente sexa solicitude telemática. 

 

Se fose presentación telemática e houbese solicitantes que non dispuxesen de certificado electrónico ou chave365, poden achegarse ao auditorio para que lles axuden a conseguilos e así poder facer a solicitude, achegando o modelo facilitado pola xunta, o(s) xustificante(s) de pagamento emitido(s) por Xuventude e o resto de documentación que se determine nas bases.

 

Podes acceder dende aquí á páxina da Xunta:

https://www.pan.gal/gl/bono-concilia-familia