Skip to Content

 

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 24/25

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2024/2025


Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

 ♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: Procedemento administrativo:  ED330B. Deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.NECESITARÁ ter: conta de Chave365, ou ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial : cubra os datos nos Anexos I e II facilitados polo centro educativo e presénteos no centro.   (Pode descargalos desde aquí)

     

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

♦ Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria(Ver o Anexo I. Documentación que se presenta)

  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]

  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática.

AdxuntoTamaño
ANEXO FONDOLIBROS.pdf3.49 MB


blog | by Dr. Radut