Skip to Content

 

Plan de Normalización e Dinamización Lingüística 2009/10

En cumplimento do Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo e tal como se recolle no  P.E.C. , tén como obxectivo  principal o pleno coñecemento e uso do galego en  todos os ámbitos do Centro como vehículo de expresión habitual. Este ano 2010 adícase o Día das Letras Galegas a Uxío Novoneyra, polo que un dos obxectivos prioritarios deste Departamento xirará en torno ao desenvolvemento do proxecto didáctico

"Polos Carreiros de Uxío"

 

1.- Outros obxectivos a destacar no centro son:

1.Reflexionar sobre os niveis de Normalización Lingüística acadados e melloralos.

2. Seguir estudando a realidade sociolingüística da comunidade escolar.

3. Estimula-lo uso da Lingua galega.

4. Colaborar nos programas de Normalización do Concello e doutras entidades, especialmente os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Concello .

5. Potenciar a participación da comunidade escolar na publicación da revista "ATURUXO".

6 .Participar no Proxecto didáctico arredor dos escritores Ramón Cabanillas e Uxío Novoneyra

7.Potenciar a Lingua e Cultura de Galicia.

8 Elaborar materias en galego para o alumnado inmigrante.

2.- Entre as actividades programadas destacaremos as seguintes

1. Aplicación da enquisa socio-lingúística á comunidade escolar, baremación e publicación da mesma.

2. Elaborar e interpretar panxoliñas, dramatizacións, contos, coplas, lemas...para as celebracións do magosto, nadal, antroido, maios, Letras Galegas...

3. Selección e adquisición de novo material didáctico e MAV en Galego.

4. Elaboración de materias en Galego para o alumnado inmigrante.

5. Salientar oficialidade do Galego coa efeméride da Constitución- Estatuto

6. Elaboración de lemas e carteis para fomentar o uso do galego

7. Elaboración dun proxecto didáctico encol de Uxío Novoneyra

8. V edición do concurso: “O latexo das verbas”

9. Elaborar un cartel homenaxe a Uxío Novoneyra para a celebración das Letras Galegas.

10. Impulsa-las bibliotecas de aula e a animación á lectura en galego.

11. Exposicións relativas á realidade cultural de Galicia.

12. Recollida de artigos, debuxos, ... e aportacións en xeral da comunidades para a Revista Aturuxo, , maquetación, publicación e distribución da mesma.

 



page | by Dr. Radut