Skip to Content

 

Plan de Normalización Lingüística para o curso 2010/ 2011

OBXECTIVOS

1.Reflexionar sobre os niveis de Normalización  Lingüística acadados e melloralos.

2. Seguir estudando a realidade sociolingüística da comunidade escolar.

3. Estimula-lo uso da Lingua galega.

4. Colaborar nos programas de Normalización do Concello, centros educativos e outras entidades

5. Potenciar a participación da comunidade escolar na publicación da revista  "ATURUXO".

6 .Participar no Proxecto didáctico titulado “Pola vila de Cambados”

7.Potenciar  a Lingua e Cultura de Galicia.

   

       De seguido inclúense as actividades realizadas polos distintos Ciclos e Equipos que inciden máis directamente na Normalización Lingüística e que formarán parte do Proxecto Lingüistico do Centro no presente curso:

ACTIVIDADES

1.       Aplicación da enquisa socio-lingúística as nais e pais do 1º Ciclo e ao alumnado do 3º Ciclo, baremación e publicación da mesma.  

2.       Elaborar e interpretar panxoliñas, dramatizacións, contos, coplas, lemas...para as celebracións do magosto, nadal, antroido, maios, Día do Libro, Letras Galegas...

3.       Selección e adquisición de novo material  didáctico  e MAV  en Galego.

4.       Salientar oficialidade do Galego coa  efeméride da  Constitución- Estatuto

5.       Elaboración de lemas e carteis para fomentar o uso do galego

6.       Desenvolvemento do proxecto didáctico “Pola vila de Cambados”

7.       VI edición do concurso: “O latexo das verbas”

8.       Elaborar un cartel homenaxe a Lois Pereiro para a celebración das Letras Galegas.

9.       Impulsa-las bibliotecas  de aula e a animación á lectura en galego.

10.    Exposicións relativas á realidade cultural  da nosa  vila e de Galicia.

11.    Recollida de artigos, debuxos, ... e aportacións en xeral da comunidade para a Revista Aturuxo, , maquetación, publicación e distribución da mesma.

 



blog | by Dr. Radut