Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
O mércores, día 1, ás seis da tarde terá lugar a segunda sesión da Escola de Familia no IES Ramón Cabanillas. Desta volta será José Torres, membro do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra, o conferenciante que nos falará sobre "Os riscos de Internet e as redes sociais".
O alumnado de 6º e as súas familias teñen unha cita o luns, seis de xuño, no IES Ramón Cabanillas. Alí o Equipo directivo xunto coa orientadora do IES falaranlles da nova etapa educativa e os cambios que conleva así como a normativa básica que se ha de cumplir no IES
O alumnado de 2º Ciclo viaxará a Coruña o vindeiro martes, día 7. Visitará a Casa das Ciencias, a Domus, o Acuario, a Torre de Hércules e disfrutará dun día de lecer na compañía dos seus compañeiros.
O vindeiro venres, día 10 de xuño, o alumnado de cinco anos da EEI "A Pastora" que fixo a reserva de praza no noso centro virá coñecer o colexio da man das súas titoras.
O alumnado de 1º Ciclo acompañado dos seus titores disfrutarán dun día de aprendizaxe, lecer e aventura na grnaxa escola de Marcelle o vindeiro día 16 de xuño.
Un grupo de alumnos do noso centro recolle o 2º premio do Concurso de Carteis de "Bebidas saudables", que organizou o SPAD de Vilagarcía. Noraboa aos premiados.
Mañá xoves, ás oito e cuarto da tarde, no IES Ramón Cabanillas teremos unha nova sesión da Escola de Familia na que se tratará o tema: "As saídas académicas e profesionais dos nosos fillos/as". Estades todos convidados a asistir.
O vindeiro 22 de xuño celebraremos como cada ano o festival de fin de curso, con teatro, cancións, bailes, entrega e premios e moitos xogos.
A entrega de notas será o día 23 ás 12:30 h.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |