Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
O martes día 26, o alumnado de 5ºB fará un pequeno percorrido pola vila de Cambados, para coñecer a Biblioteca Municipal, ubicada na restaurada Casa dos Fraga.
Consorcio Editorial agasalla ao centro este ano cun contacontos moi especial para todo o alumnado. Mario Tomás invítanos a descubrir nos libros aventuras realmente incribles.
Todos os centros educativos do Concello de Cambados imos participar nunha lectura colectiva de textos de Álvaro Cunqueiro neste ano que se conmemora o 100 aniversario do seu nacemento. Vémonos no Auditorio Municipal o venres día 29.
O día 29 o alumnado de 3º acodirá a unha charla e unha exposición sobre o traballo das redeiras e as mariscadoras, preparándose para a saída que celebrarán para coñecer o traballo na praia, a primeiros de maio.
O alumnado do centro está preparándose para a celebración dos maios o vindeiro día 29. Xa están moi bonitos os ovos de cores que adornarán o maio. Á volta da Semana Santa os nenos e nenas traerán fiuncho, xestas, e pampullos para faceren colares e participar arredor do maio escoitando a copla que este ano está a preparar o alumnado de sexto. Para rematar pasearemos o maio polo patio e logo volveremos á clase.
O alumnado de 3º sairá da man das redeiras e mariscadoras, acompañados dos seus titores, para ver de perto o traballo destas traballadoras da nosa vila, dentro do programa ofertado por Educamar, que lle permite ao alumnado coñecer e valorar a riqueza do noso contorno e a necesidade do seu coidado.
O alumnado de 2º visitou a Goleta Raquel situada no porto de Tragove.
Invitámosvos a acompañarnos o mércores, día 11, ás 6 da tarde no Auditorio "A Xuventude" na posta en escea da obra "O peor inimigo" representado polo alumnado do CEP Antonio Magariños Pastoriza, do grupo de teatro "Taller de expresión". Trátase dunha adaptación dun conto de Jorge Bucay que nos ensina a ir coñecendonos e aprendendo das persoas que nos rodean.
Con motivo da celebración das Letras Galegas, que este ano se adican ao escritor Lois Pereiro, o alumnado e o profesorado do centro participará o venres, día 13, ás 12 da mañá, na Ofrenda Floral e recitado de poemas, diante da estatua a Cabanillas xunto con alumnado e profesorado dos demais centros do Concello.
O nosos nenos/as de 2ºB e 5ºA vanse a coñecer aos seus compañeiros do colexio de Salceda cos que estiveron intercambiando correspondencia ao longo do ano. Toda unha experiencia!
O alumnado de 3º, acompañado dos seus titores e baixo a inestimable guía de Manuel Núñez poderán coñecer de preto a gran variedade de árbores cos que contamos na vila de Cambados, en concreto no bosque do pazo de Fefiñáns.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |