Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
O día 5, o alumnado de 5ºB poderá coñecer as Illas Cíes e poñer en práctica as nocións que puideron aprender na charla que as especialistas no Parque das Illas atlánticas impartiron no centro.
O venres, día 8, pola tarde todo o alumnado do centro está invitado á representación "Historia dun chícharo" que o grupo de teatro Caracol nos ten preparado este ano e que, como en anos anteriores poñerá en escena no IES Asorey. Varios profesores sairán ás 15:30 e acompañarán ao alumnado que queira desplazarse dende o centro. Os demais poden acudir directamente ao IES.
O alumnado de 5º disfrutará preparando e saboreando deliciosas bebidas saudables coa colaboración do SPAD de Vilagarcía.
Continuando coa experiencia iniciada do curso pasado, podemos disfrutar dunhas estupendas sesións de contacontos grazas a colaboración de mestres, este ano do colexio de Vilariño, que nos agasallan coa maxia das palabras. Desta volta serán os alumnos e alumnas de 1º os que van poder disfrutar destes momentos tan especiais arredor dun libro e da palabra.
O vindeiro día 14 poderemos coñecer o interior da Ría de Arousa nun catamarán, grazas á xestión do Concello.
O día 14, ás seis da tarde, temos a oportunidade de escoitar e reflexionar sobre como mellorar a comprensión lectora dos nosos alumnos con Mª José Pousa.
O martes día 26, o alumnado de 5ºB fará un pequeno percorrido pola vila de Cambados, para coñecer a Biblioteca Municipal, ubicada na restaurada Casa dos Fraga.
Consorcio Editorial agasalla ao centro este ano cun contacontos moi especial para todo o alumnado. Mario Tomás invítanos a descubrir nos libros aventuras realmente incribles.
Todos os centros educativos do Concello de Cambados imos participar nunha lectura colectiva de textos de Álvaro Cunqueiro neste ano que se conmemora o 100 aniversario do seu nacemento. Vémonos no Auditorio Municipal o venres día 29.
O día 29 o alumnado de 3º acodirá a unha charla e unha exposición sobre o traballo das redeiras e as mariscadoras, preparándose para a saída que celebrarán para coñecer o traballo na praia, a primeiros de maio.
O alumnado do centro está preparándose para a celebración dos maios o vindeiro día 29. Xa están moi bonitos os ovos de cores que adornarán o maio. Á volta da Semana Santa os nenos e nenas traerán fiuncho, xestas, e pampullos para faceren colares e participar arredor do maio escoitando a copla que este ano está a preparar o alumnado de sexto. Para rematar pasearemos o maio polo patio e logo volveremos á clase.
O alumnado de 3º sairá da man das redeiras e mariscadoras, acompañados dos seus titores, para ver de perto o traballo destas traballadoras da nosa vila, dentro do programa ofertado por Educamar, que lle permite ao alumnado coñecer e valorar a riqueza do noso contorno e a necesidade do seu coidado.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |