Skip to Content

 

blogue deadmin

FIN DO CURSO 22-23

O mércores, 21 de xuño despedimos o curso escolar. Fixemos un festival e aqui vos deixamos o video. Bo verán!

 

 

Xornadas de convivencia

O noso alumnado de sexto visitou o IES Ramón Cabanillas. Tamén recibimos aos peques da EEI A Pastora.

 

Festival das Letras Galegas

Este venres 19 de maio conmemoramos a semana das Letras Galegas cun espectáculo musical no auditorio municipal de Cambados.

 

 

Maio 23 no Magariños

Esta semana estivemos preparando o Maio no cole. Logo, participamos todos xuntos en Torrado cunha cantiga.

 

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Estimadas familias.

No BOE que se anexa podedes consultar esta información.

O prazo de presentación de solicitudes extenderase dende o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

 

 

 

Contacontos no Magariños

O pasado venres, 21 de abril, o alumnado do IES Ramón Cabanillas desprazouse ao noso centro para realizar unha sesión de contacontos coa nosa rapazada de 1º e 2º.

 

 

Homenaxe a Rosalía de Castro

Hoxe, no Magariños festexamos o Día de Rosalía. Participou todo o cole e creamos "O Xardín de Rosalía". Deixámosvos unha pequena mostra da actividade realizada no centro.

Clica aquí.

 

Composición do departamento no curso 24/25

  • Xefa do Departamento de Orientación
  • Profesor/a de Pedagoxía Terapéutica
  • Profesor/a de Audición e Linguaxe
  • Coordinador/a do 1º Ciclo de Primaria
  • Coordinador/a do 2º Ciclo de Primaria
  • Coordinador/a do 3º Ciclo de Primaria

Día de Rosalía no Magariños (23/02)

O 23 de febreiro imos celebrar o Día de Rosalía. Prantaremos aromáticas e leremos poemas da escritora.

Así traballaron o alumnado e as profes Rosa e Pilar nestes días de vacacións para que o terreo estea listo o xoves.

 

 

Collage

DÍA DE ENTROIDO NO COLE

Dámola volta ao mundo dende o CEP Antonio Magariños!

Distribuir contido


by Dr. Radut