Skip to Content

 

blogue deadmin

ACTUALIZACIÓN DAS NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO (NOF)

Estimadas familias:

 

Despois de actualizar as NOF do centro, debido á nova normativa sobre o uso de móbiles nos centros educativos, deixámosvos aquí o documento de centro no que se recolle toda esta información.

https://drive.google.com/file/d/1AxGimV7UzNa1XVJw6S8ySoPJHTtp-epT/view?usp=sharing

MENÚS COMEDOR FEBREIRO

Estimadas familias:

 

Aquí podedes consultar os menús do mes de febreiro.

 

 

https://drive.google.com/drive/folders/1IOkdN78PvFRAQHl53fxE-qDQlpAVlHX1?usp=sharing

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITO 24-25

Admisión e matrícula do alumnado

 

Dende o día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro ábrese o prazo para a solicitude de reserva de praza no centro de adscrición IES Ramón Cabanillas para o alumnado de 6º E.P.

 

Este trámite poderase realizar a través de dúas vías:

 

- modo presencial no centro: a través da solicitude que se envia ás familias e que retornará cumprimentado ao noso centro dentro do prazo establecido

 

- modo telemático: a través da aplicación Admisión Alumnado clicando no menú Solicitudes- Reserva- Crear. Deberán dispoñer dun certificado dixital ou acreditación válida (chave 365).

 

Aquel alumnado que non desexe reservar praza no centro adscrito, deberá consultar os prazos de reserva de praza naquel centro ao que queira optar no vindeiro curso e presentar alí a solicitude.

Deixamos aquí o enlace da normativa que regula este proceso.

PROGRAMACIÓNS 2023 - 2024

Estimadas familias:

 

Aquí podedes consultar as programacións de tódolos cursos.

 

https://drive.google.com/drive/folders/12OKOqZTrIoY6METWUjAgcQWmAO9FOGNS?usp=sharing

MENÚS DE XANEIRO

 

Estimadas familias:

 

Aquí poden consultar os menús do comedor do mes de xaneiro.

 

https://drive.google.com/drive/folders/1mdKsb83_JnDcAU61SUNx8ii1Le0o1JgV?usp=sharing

Festival de Nadal

Unha mostra do festival de Nadal no cole.

 

Concurso postais de Nadal

Noraboa Mariña!!!

Contos de Nadal

Aqui vos deixamos uns contos de Nadal.
Felices festas.

 

CAMPAÑA SOLIDARIA

Estimadas familias.

Imos por en marcha unha campaña de recollida de leite para enviar a CÁRITAS. A campaña inclúese dentro dun programa de voluntariado PROXECTA+.

Solicitámosvos e agradecemos a acollida e participación da comunidade educativa. Poden deixar no centro educativo os bricks de leite que se intercambiarán por libros. O prazo de recollida remata o 21 deste mes de decembro.

 

 

 

GUIA DE BENESTAR EMOCIONAL

Poñemos a disposición de toda a comunidade educativa a GUÍA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL que recentemente publicou a Consellería de Educación. Esta guía ofrece ao profesorado, ao alumnado e por suposto ás familias, unha serie de recursos e estratexias vinculadas ao equilibrio e ao benestar emocional, dentro dunha contorna participativa, de comunicación e apoio.    

Distribuir contido


by Dr. Radut