Skip to Content

Listaxe DEFINITIVO de libros do curso 21-22

A continuación expoñemos a listaxe definitiva dos libros de texto para o curso 21-22, xa que na anterior lista había unha errata.

LISTADO ADMITIDOS AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR (CEP ALTAMIRA)

 

Comunicamos que a partir do venres día 9 de xullo estará exposta a listaxe do alumnado admitido que solicitou as  axudas  para libros e material escolar para o vindeiro curso 21/22.

Poderán consultalas no taboleiro do CEP Altamira, que estará colocado no interior do recinto ou tamén a través da aplicación Fondo Libros.

Os vales de material e libros  de 1º e 2ºcurso repartirémolos nos seguintes días:

 

1º CURSO

Venres 9, luns 12 e martes 13 de xullo.

(De 9:30 a 13:30 horas)

2º CURSO

Mércores 14, xoves 15 e venres 16 de xullo

(De 9:30 a 13:30 horas).

 

Os demais cursos ( de 3º a 6º) o reparto de libros e vales de material escolar faráse en setembro. 

5º e 6º soamente terán vales de material, pois ao estar no programa e-dixgal non usarán libros, facilitaráselle un ordenador.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 21-22

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2021/22

LISTADO ADMITIDOS CURSO 2021/22

@s alumn@s que solicitaron admisión neste centro ESTÁN admitidos definitivamente.

 

LISTADO PROVISIONAL ADMITIDOS CURSO 2021/22

As listaxes poderán consultarse no taboleiro do centro, ou a través da aplicación Admisión Alumnado, para isto deberán estar en posesión do Certificado Dixital ou da Chave 365. 

Os alumnos que solicitaron admisión neste centro está admitido provisionalmente.

Os listados definitivos serán expostos  antes do 15 de maio.

CALENDARIO DE ADMISIÓN 2021/22

ADMISIÓN ALUMNADO

Comunicación para o alumnado de 1º para o vindeiro curso 21-22

Todo o alumnado que solicitou praza para o CEP Altamira para cursar 1º o curso 2021-22 foi ADMITIDO. 

Debido á lei de protección de datos, as listaxes están expostas en secretaría.

Un saúdo. 

Distribuir contido


 

 
 
 
 
 

by Dr. Radut