Segundo a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023.
Premen no libro para acceder á Orde:
DESTINATARIOS:
- Para o fondo solidario de libros de texto:
- Alumnado matriculado en 3º, 4º de educación primaria.
O alumnado matriculado en centros incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), como é o caso do noso centro nos cursos de 5º e 6º de educación primaria, está excluído da participación do fondo solidario dos libros de texto.
- Para as axudas de adquisición de libros de texto:
- Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).
- Para as axudas de adquisición de material escolar:
- Todo o alumnado de educación primaria.
DOCUMENTACIÓN:
O formulario que deben de cubrir son os ANEXOS I (solicitude) e II (autorización dos membros da unidade familiar agás o solicitante), que encontrarán premen neste enlace:
Ou a través da aplicación:
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Estes documentos é preciso que vaian acompañados da seguinte documentación complementaria:
-
Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
-
Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluídos na solicitude.
-
Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
-
Resolución xudicial por incapacitación con patria potestade.
-
Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores.
-
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
Tal e como índica a convocatoria:
A solicitude deberá estar asinada polo pai, pola nai, polo/a titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así́ mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
FORMA DE PRESENTACIÓN
Unha vez cubertos os anexos, poden presentalos a través de:
- Presencial: no centro. Solicitando cita previa a través do correo electrónico: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal
- Sede electrónica da Xunta:
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Dende o día 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (ambos inclusive)
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
OUTROS PRAZOS:
DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO NOS CURSOS DE 3º E 4º DO PRESENTE CURSO ESCOLAR:
- As datas serán: 16, 17 e 20 de xuño de 2022.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS:
- Antes do 11/07/2022
- A reclamación ás listaxes provisionais poderase realizar 2 días seguintes á publicación.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS:
- Antes do 22/07/2022
ENTREGA DOS LIBROS DO CURSO 2022/2023 AO ALUMNADO DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
- A partir do 1 de setembro de 2022. Comunicarase a través da páxina web do centro e vía “Abalarmóbil”.
IMPORTANTE
O vale de axudas é nominal polo que deberá de recollelo a persoa solicitante.
O equipo directivo.