A ANPA do noso centro presentou o pasado curso un proxecto para participar na solicitude de axudas económicas ás ANPAS destinadas á "promoción da igualdade entre homes e mulleres, e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres"
Esa axuda foi concedida e o proxecto iniciou a súa marcha a través duns talleres titulados "xogando en igualdade". Tras a realización dos mesmos, a empresa Rexenerando, encargada de impartir os mesmos, elaborou grazas as aportacións do alumnado, familias e claustro de mestres, unha guía titulada "Xogando en igualdade". Tras a presentación pública desta guía, cada alumna/o levou para a casa un exemplar. Deixamos aquí a Guía para que a podades consultar cando precisedes.
O centro continúa co proxecto de "Dinamización do patio", polo que o claustro de mestres está a realizar formación sobre "patios dinámicos".
Acceso á guía: