Skip to Content

Eleccións Consello Escolar

 

O luns, día 22 de novembro, en horario de 17.00 a 20.00 horas, celébrase neste centro a votación para a elección de representantes de nais/pais/ titores legais do Consello Escolar do colexio.

Teñen dereito a votar todas as persoas que figuren no censo, aprobado pola Xunta Electoral e publicado no taboleiro interior do centro. 

O voto será directo, secreto e non delegable. As papeletas facilitaranse no centro.

Cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de 2 nomes das persoas candidatas (a relación destas está publicada no taboleiro interior do centro) debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do DNI ou similar.

A dirección deste colexio anima a todas/os a que participen na votación, como unha forma mais de colaboración na organización do centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de nais, pais, titores legais no Consello Escolar.



page | by Dr. Radut