Skip to Content

DISTRIBUICIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Segundo o regulado na ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta Consellería, asi coma,  en centros privados concertados no curso 2010/22, (código de procedemento ED330E).

 

Os criterios de procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria son os seguintes:

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 

  • O prazo para a presentación das mesmas é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da ORDE no DOG. Polo que será do luns 15 de novembro ata o venres 26 de novembro; ambos inclusive.
  • As solicitudes soamente se poden presentar de maneira presencial no centro. Para elo teredes que solicitar cita previa a través de:

 

                  - Número de teléfono do centro: 981-21-17-47

 

                -Correo electrónico do centro: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal

 

DOCUMENTACIÓN:

 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I que poderán descargar en arquivos adxuntos) a seguinte documentación:

 

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). Poden descargala en arquivos adxuntos.
  • Copia do Libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros da unidade familiar. 
  • Outra documentación acreditativa en caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e ou/convenio regular onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado de grao de discapacidade do/a alumno/a, ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Mais información:

SEDE ELECTRÓNICA

AdxuntoTamaño
ANEXO II.pdf671.53 KB
Anexo I e II -ED330E -Máscaras.odt258.6 KB


page | by Dr. Radut