A ANPA do noso centro presentou o pasado curso un proxecto para participar na solicitude de axudas económicas ás ANPAS destinadas á "promoción da igualdade entre homes e mulleres, e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres"
Esa axuda foi concedida e o proxecto iniciou a súa marcha a pasada semana a través duns talleres titulados "xogando en igualdade", nos que a empresa Rexenerando busca entre outros, traballar os seguintes obxectivos: sensibilizar na importancia de traballar pola igualdade, visibilizar roles e estereotipos de xénero que poden estar presentes, e buscar as formas nas que consigamos un patio máis dinámico e inclusivo.
Os talleres realízanse en todas as aulas de educación primaria e teñen unha duración de dous sesións en cada unha das clases.
Poderedes encontrar mais información na páxina na ANPA, onde nos explican a relación destes talleres co proxecto e actividades de "Dinamización do patio de Zalaeta" que comezamos xuntos o pasado curso escolar.
Premen na imáxe: