LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21
Hoxe, xoves 4 de xuño foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido neste centro para o curso 2020-21
A consulta polas familias só poderá realizarse de forma :
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.
b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da fábrica Nacional da Moneda e Timbre.
Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar.