FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º E 4º EP) E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (1º E 2º EP) E MATERIAL ESCOLAR 2020/2021 (EP)
Comunicamos que foi publicado no DOG Núm 96 do martes 19 de maio de 2020, a apertura do prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Debido á situación producida polo COVID-19, debemos de establecer unhas INSTRUCIÓNS que nos permitan unha adecuada coordinación entre o centro e as familias e tramitar as solicitudes de forma ordenada e segura con garantías sanitarias e de hixiene.
Por iso mesmo informamos sobre as pautas a seguir e solicitamos da súa colaboración, para que poida desenvolverse o proceso coa maior normalidade posible.
INSTRUCIÓNS
Prégase a presentación telemática de forma preferente tal e como se dispón na Orde seguindo os pasos alí indicados: na aplicación Fondolibros ou na Sede electrónica.
De non ser posible, entregarase no colexio presencialmente. Nese caso, e a efectos de evitar aglomeracións, haberá un sistema de QUENDAS para acudir ao centro e entregar as solicitudes.
HORARIO QUENDAS
Horario de atención na secretaría: 09:30 a 12:00 horas.
As solicitudes presentaranse do seguinte xeito:
-
Do 20 ao 25 de maio, solicitudes de varios irmáns matriculados no centro.
-
Do 26 ao 29 de maio, alumnado que cursará 1.º e 2.º
-
Do 1 ao 5 de xuño, alumnado que cursará 3.º e 4.º.
-
Do 8 ao 12 de xuño, alumnado que cursará en 5.º e 6.º.
-
Do 15 ao 18 de xuño, alumnado que se matricule no Instituto. No caso de que saiban se están admitidos deberá tramitarse no Instituto.
O PRAZO COMEZA O 20 DE MAIO E REMATA 0 19 DE XUÑO
RECOMENDACIÓNS SANITARIAS
É necesario empregar mascarillas e aconsellable usar bolígrafo propio no momento da entrega da documentación.
Para unha información máis detallada da convocatoria visitar os seguintes sitios web: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude.pdf | 1.63 MB |
Información familias 20-21.pdf | 86.1 KB |