Libros, libros, libros, libros, libros, adoro os libros!!
Os grandes, os pequenos, os gordos, os delgadiños, de misterio, de animais, de princesas, de risas, os de cores, os que non teñen debuxos, os que teñen moitas letras,... todos! Me gustan todos!! Por iso, estou tan contento, porque toca celebrar o día do libro. Mirade cantas cousiñas fixemos no cole (pinchade nos enlaces):
- Investigamos o por que da celebración do día do libro o 23 de abril.
- Investigamos ditos e refráns sobre a lectura: foto A, foto B.
- Redactamos frases para animar a ler a todo o mundo: 1ºA, 1º B, 2º A e 2º B.
- Os rapaces e rapazas de 5º elaboraron carteis e un mural sobre os dereitos dos libros.
- Os pequenos e pequenas de Educación Infantil traballaron a Lenda de San Xurxo e o dragón. Tamén fixeron marcapáxinas e unhas maquetas chulísimas sobre a historia.
- Os chicos e chicas de primaria fixeron unha lectura colectiva de "O Quixote".