Skip to Content

3º curso

PROXECTO TEMA 3 TECNOLOXÍA 3º PRIM

ENTROIDO

     Estabamos desexando que chegara o venres 17 de febreiro para celebrar o noso entroido, tanto que nos levantamos da cama e nin siquera nos paramos a vestirnos, alá fomos para o cole en pixama.

     A media mañán merendamos ben, grazas ás nosas familias que nos mandaron postres típicos moi saborosos, e despois percorremos as rúas próximas ao cole para contaxiar a todos das nosas ganas de festa.

     Aquí nos tendes, picade na foto para vernos.

EVENTOS

BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO

     O 22 de setembro a Banda de Música de salcedo ofreceunos no Pazo da Cultura unha presentación de diferentes instrumentos musicais. Para finalizar tocaron un pequeno repertorio que todos recoñecemos e nos encantou.

Premer na foto para ver vídeo.

 

SAMAÍN

    O 28 de outubro celebramos o día do Samaín vestíndonos DE MEDO, e tampouco faltou a merendola terrorífica que degustamos entre tod@s.

Premer na foto para ver vídeo.

 

 MAGOSTO (8 de novembro)

     Este ano tivemos que pospoñer uns días os xogos populares debido ás condicións atmosféricas, pero sí estaba boa hora para comer!

Premer nas fotos para ver vídeos.

 

"UN MAGO NA LÚA"

     O 16 de novembro, no Salón de Actos do noso cole, poidemos asombrarnos con este espectáculo de maxia que nos deixou marabillados e con ganas de ver máis.

Premer na foto para ver vídeo.

 

CUMPLES

     Agradecémoslle a Alicia, Juan Pablo, Vera, Noa e Alejandra que quixeran celebrar o seu cumple con nós e que nos deixaran ser cómplices da súa alegría nese día tan especial.

Premer na foto para ver vídeo.

 

NADAL.

     Rematamos o trimestre con algo de nervios pola inminente chegada de Papá Noel e os Reis Magos, pero aínda así non nos esquecemos de escribirlle unhas palabras cariñosas aos avós das Residencias, con todo o noso recoñecemento ao seu esforzo para facer que hoxe teñamos unha vida máis fácil.

          Tampouco nos esquecemos de felicitar ás nosas familias e lembrarlles o moito que as queremos.

Premer na foto para ver vídeo.

"GRANDES DEPORTISTAS "

     Participamos, xunto a outros coles, nunha carreira Campo a Través, e ademáis de disfrutar facendo deporte, tamén nos sentimos orgullosos do noso resultado nela.

Premer na foto para ver vídeo.

     

     O 19 de setembro tivemos o privilexio de recibir a Javier Gómez Noya no noso cole, e entre el e máis outros monitores que o acompañaban organizáronnos unha xornada de actividades que desenvolvemos moi animados.

 

 

 

EMPEZAMOS !!

     O 8 de setembro démoslle a benvida a un novo curso especial, o de 3º, uns parece que con máis ilusión ca outr@s...

Premer na foto para ver vídeo.

Excursión ao Ecoparque de Marín

 O 15 de xuño fomos de excursión ao Ecoparque de Marín.

Fixemos unha ximcana na que tiñamos que cazar Pokemons e tamen montamos a cabalo.

 

 

 Despois comemos no Lago de Castiñeiras.

 Foi moi divertido!!!!

Día do libro en 3º A

 
 

 

As alumnas e alumnos de 3º A lemos un fragmento de "Cuentos para entender el mundo", de Eloy Moreno, co gallo da celebración do Día do Libro. 

O fragmento seleccionado foi o capítulo "La rosa y el sapo".

Deixamos un vídeo para o recordo.

Fai clic na imaxe para reproducilo:

 

 

Quen vive ahí?

 Os nenos de 3º estivemos buscando os animais que fan a compostaxe.

Caseta metereolóxica en 3º

 O alumnado de 3º empezou a recoller os datos da estación metereolóxica.

 

      

Visita ao Salón do Libro

 O alumnado de 3º visitou o Salón do Libro e participou nun obradoiro.

 

 Fixeron as actividades con "Moita Arte"

 

Exposición de traballos sobre o Concello

 O alumnado de 3ºA investigou sobre o concello no que vivimos e fixo uns marabillosos traballos que tamén expuxeron.

 

 

Día da Paz

 Para celebrar o Día da Paz colaboramos na realización do mural que colocamos na entrada do colexio.

 Tamén bailamos e cantamos "Madre Tierra" e " Vivan las manos de colores"

O tempo en terceiro.

 O alumnado de 3º está a entrar diariamente na páxina de Metoegalicia para recoller os datos de temperatura, humidade, precipitacións, vento, radiación UVA, e calidade do aire correspondentes  á estación metereolóxica situada en  Campolongo.

Con todos estes datos están a facer un mural.

Mural de outono

Charla sobre alimentación saudable.

 O alumnado de 3º e 4º recibíu unha charla sobre a importancia dunha boa alimentación e a necesidade de facer exercicio físico.

 A charla foi impartida por unha nutricionista e un xogador do club de balonmán Teucro.

 

Samaín/ Halloween

Os nenos e nenas de 3º celebramos o Samaín/ Halloween cuns disfraces terroríficos.

Tamén fomos ao salón de actos a ler os nosos contos de medo.

Viaxamos polo espazo

 
Distribuir contido


by Dr. Radut