O martes, 1 de decembro, tivemos no noso centro unha charla sobre a saúde, a alimentación e a actividade física. A charla estivo organizada polo equipo de balonmán Teucro e o Concello de Pontevedra. Unha nutricionista e un xogador do Teucro explicaron moitas cousas sobre a alimentación saudable e a necesidade de realizar actividade física para crecer fortes e sans. Podes picar neste enlace para ver a noticia en Pontevedra Viva. |
Charla saúde e alimentación
![RSS - Charla saúde e alimentación Distribuir contido](/centros/ceipxunqueira1/misc/feed.png)