Skip to Content

Ruta da Pedra e a Auga

Os alumnos e alumnas da Xunqueira 1 atrévense coa ruta da Pedra e da Auga.

O día martes 5 de Abril os nenos e nenas de quinto A e quinto B do colexio C.E.I.P a Xunqueira I, fixeron a ruta Da Pedra e da Auga. Esta ruta é un tramo do Camiño Espiritual de Santiago, variante do Camiño Portugués.

Foron en bus ata Meis e alí comezaron o camiño, as nove e corenta da mañá, ao lado do río Armenteira. A distancia aprox. foi de 6 quilómetros e había un desnivel positivo de 250 m. A primeira hora da mañá facía fresco, pero pouco a pouco foron subindo as temperaturas.

No camiño atoparon muíños e estatuas de pedra. Aproveitaron a camiñata para recoller o lixo que atoparon polo camiño. A medida que avanzaba a ruta o camiño era máis empinado e máis difícil de escalar.

Ao terminar o camiño, merendaron ao lado do Mosteiro de Armenteira. Logo entraron no Mosteiro e a mestra Margarita explicoulles as características arquitectónicas do Mosteiro por dentro e por fora, e contoulles un pouco da súa historia. Logo todos os nenos descansaron mentres esperaban o bus. Ao rematar a excursión volveron ao centro.

Saúl Aragunde Loureiro



story | by Dr. Radut