A Biblioteca de Don Mexillón

FORMACIÓN DE USUARIOS

Xa rematou a formación de usuarios da Biblioteca de Don Mexilón realizada durante os plans lectores. As colaboradoras e colaboradores explicaron a cada unha das clases o funcionamento deste espazo e atenderon ás dúbidas do alumnado. Fixérono estupendamente!

NOVO CURSO E NOVO PROXECTO

Onte demos comezo ao curso escolar 2023/2024 no que traballaremos como proxecto de centro os Xogos Olímpicos. Ademais, o alumnado pasouno xenial saltando nos inchables! Non hai mellor comezo que unha boa festa. Podedes ver unha mostra na seguinte imaxe:

PROXECTO FINAL

Para rematar o noso proxecto do cine, elaboramos un vídeo que recolle todas as actividades vinculadas ao proxecto que realizamos este ano.
Disfrutade das merecidas vacacións.
Vémonos en setembro!
 
 
 

APADRIÑAMENTO LECTOR

O alumnado de 2º da ESO do IES a Basella visitou o noso colexio para lerlle uns contiños aos nosos nenos e nenas. Resultou ser unha actividade moi entretida e seguro que a repetiremos pronto!!

 

           

LETRAS GALEGAS

Coincidindo coa semana das Letras Galegas o Xulio Camba publica o seu libro titulado "Unha aventura de cine". Dende os máis cativos ata os maiores, todos e todas participaron neste conto que amosa as aventuras de Don Mexillón.

Esperamos que disfrutedes tanto coma nós durante a produción do mesmo!!

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Esta data foi elexida pola Unesco por coincidir co falecemento de dous grandes autores da historia da literatura como son Cervantes e Shakespeare.

Velaquí unha frase inspiradora dun gran escritor:

  • “Si piensas llegar a alguna parte en la vida, tienes que leer muchos libros.” Roald Dahl
  • Para celebrar no colexio este día realizamos varias actividades, tales como:
  • -Recopilación de fotos do noso alumnado lendo e creación dun libro xigante.
  • - Apadriñamento dos mais cativos do cole de Ed. Infantil ao alumnado de Ed. Primaria (Todo un éxito).
  • -Vídeo do noso alumnado falando dos seus libros favoritos.
  • - Creación dun libro cunha rosa vermella en Arts.
  • - Lecturas no patio. (Pincha na foto para ver o álbum).
  •       

                                    

                                                  Pincha na foto para ver o álbum

  •                                                                                                                        
  •  

DÍA DO LIBRO

CUESTIONARIO - ENQUISA SOBRE A BIBLIOTECA

Pincha no enlace para cubrir o cuestionario.