Información xeral

Regulamento do comedor

Xa tedes á vosa disposición o Regulamento do comedor aprobado polo Consello Escolar do noso centro. Como sabedes, será de obrigado cumprimento para tod@s @s usuari@s. Lembrade que este servizo comezará a funcionar en setembro coincidindo co calendario escolar do vindeiro curso en horario de 14 a 15:30 horas.

Podedes consultalo no apartado de documentos de centro ou premendo na imaxe.

Información importante

Bo día:

Onte recibimos o aviso dunha corrección de erros nas instrucións do comedor que afectan ao concepto de unidade familiar.

En caso de ausencia de matrimonio dos proxenitores ou se foran parella de feito, a unidade familiar estará composta polo pai ou nai e os fillos/as cos que convivan un ou outro, salvo no caso de custodia compartida, que computarán os dous.

As familias ás que lles afecte esta condición e teñan que aplicar esta corrección terán ata o 10 de xullo para facelo na secretaría do colexio.

Todas as familias que pediron o comedor foron admitidas.

 

SOLICITUDE DO COMEDOR

Estimadas familias:

Queremos informarvos que co comezo do curso se porá en marcha o comedor escolar con servicio de cátering e xestionado pola Xunta de Galicia para aquelas familias que o precisen.

Todas as familias interesadas en solicitar este servizo para o vindeiro curso terán que recoller a inscrición e a autodeclaración (onde se determina a cantidade a pagar por cada familia) no colexio ou descargar os impresos na web do centro.

É imprescindible que os dous impresos estean asinados por ambos proxenitores e haberá que presentar con esta documentación un certificado de empadroamento actual.

O prazo para facelo será ata o 1 de xullo en horario de 9 a 14 horas na secretaría do centro.

En caso de que haxa máis solicitudes que prazas, poderemos requirir algunha outra documentación.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer