Matrícula

LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO

Estimadas familias:

Queremos informarvos de que xa está publicada a lista d@s admitid@s para o vindeiro curso 24/25 no taboleiro de anuncios do interior do centro. Podedes entrar a consultala cando queirades.

Todo o alumnado que presentou a solicitude foi admitido.

Vacantes curso 24-25

Procedemento de Admisión

Prazo de matrícula do 1 ao 20 de marzo.

  A normativa que regula este procedemento é a seguinte:

             Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión e alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 , do 3 de maio, de educación.

           Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

              Para presentar unha solicitude deberase seguir algunha destas opcións:

Na solicitude poderán pedir ata seis colexios por orde de preferencia e entregarase no centro solicitado en primeiro lugar. Cada unha é única para cada alumno/a (polo tanto non se pode presentar en varios colexios), ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

Só se podería presentar outra se se renuncia á solicitude anterior (para iso tería que indicalo no recadro correspondente na nova solicitude que se presente). A existencia de varias solicitudes (sen que haxa renuncia) poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.

Esta é toda a documentación necesaria que deberán presentar no noso centro.

Ademais, poderán recoller no colexio a partir do día 27 de febreiro tanto a solicitude coma os impresos para cumprimentar do noso centro.

O alumnado que este ano estivo matriculado no noso centro ten dereito de permanencia, polo que xa ten automaticamente reservada praza para o vindeiro curso no noso centro.

A área de influencia é o conxunto de todos os domicilios catastrais aos que se lle outorga a maior puntuación polo criterio de proximidade ao centro educativo. A zona de influencia do noso centro é a parroquia de Cans, parroquia de Carracido e as rúas do casco urbano ata a vía do tren agás as incluídas na área de Influencia do CEIP Plurilingüe de Atios. Máis concretamente sería así:

ZONA DO CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS:

Parroquia de Atios

Rúa Domingo Bueno dende o nº 62 e o parque infantil ata o final

Rúa Sebastián, dende o nº 50 e 59 ata o final

Rúa Manuel Rodríguez, dende o nº 84 e 65 ata o final

Rúa Leandro Diz, dende o nº 6 e 13 ata o final da mesma

Rúa Carrola completa

ZONA DO CEIP PLURILINGÜE XOSÉ FERNÁDEZ LÓPEZ :

Parroquia de Cans

Parroquia de Carracido

Rúas do casco urbano ata a vía do tren agás as incluídas na área de Influencia do CEIP de Atios.

No referente ao transporte escolar hai que ter en conta o seguinte:

1- Será usuario lexítimo o alumnado co domicilio a unha distancia do colexio superior a 2 km.

2- O alumnado co domicilio a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km poderá facer uso deste servizo sempre e cando queden prazas vacantes no autobús concreto.

3- Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio. Poderase autorizar dun xeito excepcional se quedan prazas vacantes no autobús concreto.

As autorizacións concedidas nos puntos 2 e 3 serán unicamente para o curso 2024/2025 e perderán dita praza se se precisa para un/unha alumno/a con dereito preferente á mesma.

En canto aos postos escolares, nos niveis de inicio de cada etapa educativa das ofertadas neste centro (4º EI e 1º EP), poranse a disposición da Administración educativa 3 postos escolares por unidade para o alumnado con NEAE, que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización / Servizo Territorial de Inspección Educativa segundo corresponda. No caso de non adxudicarse a este alumnado, asignaríanse ao resto no procedemento de admisión ordinario.

       Data de publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos o 25 de abril no taboleiro interior do centro.

       Data de publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos o 15 de maio no taboleiro interior do centro.

CALENDARIO DE ADMISIÓN

RESERVA DE PRAZA

RESERVA DE PRAZA DO CURSO 2024-25

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López que desexe continuar os seus estudos no centro adscrito IES PINO MANSO, deberá realizar a reserva de praza. O prazo para a presentación das solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 febreiro.

A normativa que o regula é a seguinte:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión e alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 , do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe, na aplicación admisionalumnado ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

Poderase presentar o impreso de solicitude asinado, debidamente cumprimentado e en prazo na secretaría do noso colexio. Dende o centro enviamos a documentación necesaria, pero tamén podedes descargar este Anexo premendo aquí.

A listaxe do alumnado con posto reservado será publicada o 22 de febreiro no IES PINO MANSO.

O resto do alumnado que este ano estivo matriculado no noso centro ten dereito de permanencia, polo que xa ten automaticamente reservada praza para o vindeiro curso no noso centro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer