Información importante

Bo día:

Onte recibimos o aviso dunha corrección de erros nas instrucións do comedor que afectan ao concepto de unidade familiar.

En caso de ausencia de matrimonio dos proxenitores ou se foran parella de feito, a unidade familiar estará composta polo pai ou nai e os fillos/as cos que convivan un ou outro, salvo no caso de custodia compartida, que computarán os dous.

As familias ás que lles afecte esta condición e teñan que aplicar esta corrección terán ata o 10 de xullo para facelo na secretaría do colexio.

Todas as familias que pediron o comedor foron admitidas.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer