Estimadas familias:
Queremos informarvos que co comezo do curso se porá en marcha o comedor escolar con servicio de cátering e xestionado pola Xunta de Galicia para aquelas familias que o precisen.
Todas as familias interesadas en solicitar este servizo para o vindeiro curso terán que recoller a inscrición e a autodeclaración (onde se determina a cantidade a pagar por cada familia) no colexio ou descargar os impresos na web do centro.
É imprescindible que os dous impresos estean asinados por ambos proxenitores e haberá que presentar con esta documentación un certificado de empadroamento actual.
O prazo para facelo será ata o 1 de xullo en horario de 9 a 14 horas na secretaría do centro.
En caso de que haxa máis solicitudes que prazas, poderemos requirir algunha outra documentación.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer