AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 23-24

Á ATENCIÓN DOS PAIS/NAIS D@S ALUMN@S DE 6º DE E.I. E DE 1º, 2º, 3º, 4º, 5º E 6º DE E.P.

No D.O.G. nº 94 do venres 19 de maio do presente, publícase na Orde do 10 de maio do 2023 para a solicitude de axudas para a participación no programa de fondo de libros ( 3º e 4º de Educación Primaria), para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria), alumnado NEE e para a adquisición de material escolar para o curso 2023/24 para os alumnos de 1º,2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria e de 1º de Educación Secundaria.

O prazo de presentación de solicitudes será do 22 de maio ata o 21 de xuño ámbolos dous días incluidos.

Os alumnos de 6º de Educación Primaria presentarán a documentación no IES ou no centro educativo onde vaian cursar estudos no vindeiro curso.

As solicitudes pódense recoller no Colexio e tamén se poden descargar en formato pdf no portal educativo e na páxina web do Colexio.

Tamén se pode presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou en papel de xeito presencial no Colexio.

Non ter devoltos os libros do presente curso é causa de exclusión.

Teñen dereito á axuda @s alumn@s que cumpran os seguintes requisitos:

-Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario (Artigo 10 da lei 9/2007)

-Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 euros ( O cálculo farase coa renda do ano 2021 sumando as casillas 435 e 460 e dividirase entre o número de membros da unidade familiar) . Os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou que perciban unha pensión por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, computarán por dous membros.

Xunto coa solicitude debidamente cumprimentada e asinada por tódolos membros da unidade familiar que teñan ingresos, presentaranse orixinal e copia da seguinte documentación:

1)Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

2)Se hai discapacidade nalgún membro da familia, certificado emitido polo órgano competente.

3)Se hai situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, certificado emitido polo órgano competente.

4)No caso de violencia de xénero, documentación acreditativa.

5)Fotocopia da sentencia xudicial ou convenio regulador da separación ou divorcio.

* Non se terán en conta os cambios da unidade familiar posteriores o 31 de decembro de 2021.

       A DIRECTORA.

      Rosa María Baladrón Iglesias           

AdxuntoTamaño
fondo libros e material.pdf515.73 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer