RESERVA DE PRAZA - CURSO 2023-24
O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López que desexe continuar os seus estudos no centro adscrito IES PINO MANSO, deberá realizar a reserva de praza.
O prazo para a presentación das solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 febreiro.
A normativa que o regula é a seguinte:
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión e alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 , do 3 de maio, de educación.
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
- a través da aplicación informática admisión alumnado.
- a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- ou ben cubrindo o impreso de solicitude e presentándoo asinado e en prazo na Secretaría do CEIPP Xosé Fernández López.
A listaxe do alumnado con posto reservado será publicada o 22 de febreiro no IES PINO MANSO.
(pdf adxunto)
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer