NOVAS SOBRE OS VALES DE LIBROS E MATERIAL

   Queridas familias:

Queremos recordarvos que:

  • En caso de extravío do vale, o colexio non poderá expedir un duplicado.
  • Unha vez que o solicitante estea en posesión do correspondente vale poderá adquirir os libros no establecemento que libremente escolla, polo importe máximo que figure no vale.
  • No momento da compra o solicitante deberá asinalo e entregalo no establecemento.
  • Os vales non poden ser fraccionados, é dicir o importe total de cada un só pode ser utilizado nun único establecemento.

Ademais, quen non poida facelo nas datas establecidas en xullo, poderán recoller os seus vales en setembro.

Información xeral para as familias

Queridas familias:

Aquí tedes información xeral IMPORTANTE para estes últimos días e os primeiros do vindeiro curso.

Premede na imaxe para acceder a ela.

Listaxe de libros e material do curso 23-24

Aquí tedes dispoñible a listaxe de material e libros para o vindeiro curso. Premede en cada imaxe para poder consultala.

 

                 MATERIAL                                      LIBROS

  

 

Programa do Festival de Fin de Curso

Letras Galegas e Móvete +

Estimadas familias:

Presentámosvos o vídeo final do traballo en equipo realizado por todo o profesorado e todo o alumnado. Estamos moi contentos co resultado, xa que, ademais de promover e concienciarnos sobre a importancia da vida activa, divertímonos moito!

Podedes ver o vídeo premendo aquí.

 

 

AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 23-24

Á ATENCIÓN DOS PAIS/NAIS D@S ALUMN@S DE 6º DE E.I. E DE 1º, 2º, 3º, 4º, 5º E 6º DE E.P.

No D.O.G. nº 94 do venres 19 de maio do presente, publícase na Orde do 10 de maio do 2023 para a solicitude de axudas para a participación no programa de fondo de libros ( 3º e 4º de Educación Primaria), para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria), alumnado NEE e para a adquisición de material escolar para o curso 2023/24 para os alumnos de 1º,2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria e de 1º de Educación Secundaria.

O prazo de presentación de solicitudes será do 22 de maio ata o 21 de xuño ámbolos dous días incluidos.

Os alumnos de 6º de Educación Primaria presentarán a documentación no IES ou no centro educativo onde vaian cursar estudos no vindeiro curso.

As solicitudes pódense recoller no Colexio e tamén se poden descargar en formato pdf no portal educativo e na páxina web do Colexio.

Tamén se pode presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou en papel de xeito presencial no Colexio.

Non ter devoltos os libros do presente curso é causa de exclusión.

Teñen dereito á axuda @s alumn@s que cumpran os seguintes requisitos:

-Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario (Artigo 10 da lei 9/2007)

-Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 euros ( O cálculo farase coa renda do ano 2021 sumando as casillas 435 e 460 e dividirase entre o número de membros da unidade familiar) . Os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou que perciban unha pensión por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, computarán por dous membros.

Xunto coa solicitude debidamente cumprimentada e asinada por tódolos membros da unidade familiar que teñan ingresos, presentaranse orixinal e copia da seguinte documentación:

1)Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

2)Se hai discapacidade nalgún membro da familia, certificado emitido polo órgano competente.

3)Se hai situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, certificado emitido polo órgano competente.

4)No caso de violencia de xénero, documentación acreditativa.

5)Fotocopia da sentencia xudicial ou convenio regulador da separación ou divorcio.

* Non se terán en conta os cambios da unidade familiar posteriores o 31 de decembro de 2021.

       A DIRECTORA.

      Rosa María Baladrón Iglesias           

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITID@S

Xa está publicada a listaxe definitiva de admitid@s no taboleiro da entrada principal do noso centro. Non hai variacións con respecto a listaxe provisional anterior.

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITID@S

A partir de hoxe estará publicada a listaxe provisional de admitid@s para o curso 23-24 no taboleiro do centro.

Esa consulta tamén a podedes realizar de forma telemática na aplicación Admisión alumnado empregando o certificado dixital ou Chave365.

Todas as solicitudes presentadas en prazo foron admitidas.

 

TROFEO NATACIÓN ESCOLAR EN MOS

Proceso de admisión 23-24

INFORMACIÓN IMPORTANTE.

Desde o día 1 de marzo ata o 20 ábrese o prazo de matrícula.

 Na solicitude poderán pedir ata seis colexios por orde de preferencia e entregarase no centro solicitado en primeiro lugar. Cada unha é única para cada alumno/a, polo tanto non se pode presentar en varios colexios. Só se podería facer se se renuncia á solicitude anterior (para iso tería que indicalo no recadro correspondente na nova solicitude que se presente). A existencia de varias solicitudes (sen que haxa renuncia) poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.

Esta é toda a documentación necesaria que deberán presentar no noso centro.

Ademais, poderán recoller no colexio a partir do día 27 de febreiro tanto a solicitude coma os impresos para cumprimentar do noso centro. Tamén poden consultalos premendo aquí

             A área de influencia é o conxunto de todos os domicilios catastrais aos que se lle outorga a maior puntuación polo criterio de proximidade ao centro educativo. A zona de influencia do noso centro é a parroquia de Cans, parroquia de Carracido e as rúas do casco urbano ata a vía do tren agás as incluídas na área de Influencia do CEIP Plurilingüe de Atios.

            No referente ao transporte escolar hai que ter en conta o seguinte:

1- Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km.

2- O alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km poderá facer uso deste servizo sempre e cando queden prazas vacantes no autobús concreto.

3- Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio. Poderase autorizar dun xeito excepcional se quedan prazas vacantes no autobús concreto.

As autorizacións concedidas nos puntos 2 e 3 serán unicamente para o curso 2023/2024 e perderán dita praza se se precisa para un/unha alumno/a con dereito preferente á mesma.

 En canto aos postos escolares, nos niveis de inicio de cada etapa educativa das ofertadas neste centro (4º EI e 1º EP), poranse a disposición da Administración educativa 3 postos escolares por unidade para o alumnado con NEAE, que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización / Servizo Territorial de Inspección Educativa segundo corresponda. No caso de non adxudicarse a este alumnado, asignaríanse ao resto no procedemento de admisión ordinario.

VACANTES OFERTADAS PARA O VINDEIRO CURSO A 22 DE MARZO.

CURSO

Nº DE AULAS

VACANTES OFERTADAS

4º EI

2

44+6

5º EI

2

25

6º EI

2

20

1º EP

2

2+5

2

11

2

7

3

14

2

13

3

22

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer