Información importante

Bo día:

Onte recibimos o aviso dunha corrección de erros nas instrucións do comedor que afectan ao concepto de unidade familiar.

En caso de ausencia de matrimonio dos proxenitores ou se foran parella de feito, a unidade familiar estará composta polo pai ou nai e os fillos/as cos que convivan un ou outro, salvo no caso de custodia compartida, que computarán os dous.

As familias ás que lles afecte esta condición e teñan que aplicar esta corrección terán ata o 10 de xullo para facelo na secretaría do colexio.

Todas as familias que pediron o comedor foron admitidas.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Queridas familias:

Aquí tedes información xeral IMPORTANTE para estes últimos días e os primeiros do vindeiro curso.

Premede na imaxe para acceder a ela.

Solicitude de transporte escolar

Aquí tedes a vosa disposición a solicitude do transporte escolar. Podedes collela impresa na secretaría do colexio ou imprimila vós. En ambos casos é necesario entregala debidamente cumprimentada e asinada no centro.

Preme no debuxo.

REVISTA ESCOLAR

Para consultar a Revista escolar preme na imaxe.

Programa do Festival de fin de curso

Estades tod@s convidad@s!!

 

MATERIAL E LIBROS DO CURSO 24-25

Aquí tedes dispoñible a listaxe de material e libros para o vindeiro curso. Premede en cada imaxe para poder consultala.

                   MATERIAL                                    LIBROS

             

SOLICITUDE DO COMEDOR

Estimadas familias:

Queremos informarvos que co comezo do curso se porá en marcha o comedor escolar con servicio de cátering e xestionado pola Xunta de Galicia para aquelas familias que o precisen.

Todas as familias interesadas en solicitar este servizo para o vindeiro curso terán que recoller a inscrición e a autodeclaración (onde se determina a cantidade a pagar por cada familia) no colexio ou descargar os impresos na web do centro.

É imprescindible que os dous impresos estean asinados por ambos proxenitores e haberá que presentar con esta documentación un certificado de empadroamento actual.

O prazo para facelo será ata o 1 de xullo en horario de 9 a 14 horas na secretaría do centro.

En caso de que haxa máis solicitudes que prazas, poderemos requirir algunha outra documentación.

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

 Á ATENCIÓN DOS PAIS/NAIS D@S ALUMN@S DE 6º DE E.I. E DE 1º, 2º, 3º, 4º, 5º E 6º DE E.P.

      No D.O.G. nº 96 do luns 20 de maio do presente, publícase na Orde do 7 de maio do 2024 para a solicitude de axudas para a participación no programa de fondo de libros (3º e 4º de Educación Primaria), para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria), alumnado NEAE e para a adquisición de material escolar para o curso 2024/25 para os alumnos de 1º,2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria e de 1º de Educación Secunda

    O prazo de presentación de solicitudes será do 21 de maio ata o 21 de xuño ámbolos dous días incluídos. 

    Os alumnos de 6º de Educación Primaria presentarán a documentación no IES ou no centro educativo onde vaian cursar estudos no vindeiro curso. 

    As solicitudes pódense recoller no Colexio e tamén se poden descargar en formato pdf no portal educativo e na nosa páxina web.

    Poderase presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou en papel de xeito presencial no colexio.

    Non ter devoltos os libros do presente curso é causa de exclusión.

    Máis información no arquivo adxunto.

BECAS NEAE

Estimadas familias:

Desde o pasado día 30 de abril e ata o vindeiro 13 de setembro estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes das Becas e axudas para o alumnado NEAE.

LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO

Estimadas familias:

Queremos informarvos de que xa está publicada a lista d@s admitid@s para o vindeiro curso 24/25 no taboleiro de anuncios do interior do centro. Podedes entrar a consultala cando queirades.

Todo o alumnado que presentou a solicitude foi admitido.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer