Dende o EDLG queremos compartir con toda a comunidade educativa que o colectivo Egeria (asociación sociocultural para a promoción e difusión da Cultura Galega) co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega, confeccionou unha exposición itinerante "AQUELA NENA DE SARRIA" para honrar a Xela Arias, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. O noso centro foi seleccionado para poder disfrutar desta exposición dende o 17 de maio. Adxúntase a fotografía do noso centro coa exposición, fotografía elexida como portada do seu anuncio na súa web.