Skip to Content

Blogues

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O Festival deste ano xirou en torno á obra Os Soños na Gaiola de Manuel María, un poeta que destacou polo seu carácter combativo e compromiso político.

Mais non todas as actuacións estiveron relacionadas con este poemario e autor, senón que o alumnado tamén interpretou cancións, unha obra de teatro e fíxose entrega de distintos "agasallos", para recoñecer o valor doutras actividades realizadas durante o presente curso escolar.

LIBRO DE RECEITAS

O alumnado do CEIP Xoán de Requeixo achegou, de forma voluntaria e coa axuda dunha persoa adulta do seu ámbito familiar, diferentes receitas acompañadas da súa correspondente ilustración.

Recompilamos un total de 13 receitas que teñen, polo menos, como un dos seus ingredientes o leite e/ou os seus derivados.

 

No ficheiro adxunto poden consultarse as receitas presentadas.

CAMPAÑA "O GALEGO Á MESA"

Unha das nosas actividades do segundo trimestre foi a de acudir a distintos  restaurantes da vila que non tiñan as súas cartas de menú en galego, para traducilas e decoralas.

 

 

 

 

Letras Galegas

Desde o centro celebramos o día das Letras Galegas facendo unha gaiola na honra de Manuel María. Animámosvos a ver os diferentes poemas da gaiola realizados por todas as aulas do cole!

Proxecto das máquinas

Nesta derradeira semana do trimestre podedes observar o proxecto das máquinas realizado por 4º de primaria.

Feliz día da Muller!

Hoxe día 8 de Marzo queremos desexarvos un feliz día Internacional da Muller!

 

DÍA DE ROSALÍA (24 de febreiro)

O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro no noso colexio. Para iso, todo o alumnado do centro elaborou postais con estrofas de obras da escritora, acompañadas de debuxos. Tamén se fixeron dous murais, letras e pintáronse imaxes da poetisa.

Esta actividade fíxose en colaboración co Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

  

 

Día de Rosalía de Castro

Nesta semana celebramos o día de Rosalía o 24 de Febreiro, para elo elaboráronse postais cos seus poemas e decoramos o colexio con retratos da poetisa.

O Entroido!

Este ano celebramos o Entroido co tradicional desfile de disfraces no patio do cole e ademáis disfrutamos dunha degustación de postres típicos destas festas!

 

 

 

A Paz

O venres 29 de Xaneiro celebramos o día da Paz no patio do colexio a ritmo de "No dudaría " de Antonio Flores.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut