Skip to Content

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021

Estimadas familias:

A partir do vindeiro luns, 11 de maio,  estarei no centro en horario de mañá (de 10:00 a 14:00), para realizar todas as tarefas administrativas que me sexan encomendadas, entre elas, a xestión do período de admisión, que se reabre no prazo comprendido entre o 11 e o 18 de maio.

Trataremos de facer o traballo de tal xeito que se evite o contacto persoal e, de non ser posible, se reduza a frecuencia, respectando en todo caso, a distancia de seguridade. Deste modo, emprégase de xeito ordinario o teléfono e o correo electrónico entre vós e o centro educativo, ao cal represento.

No caso de que a atención sexa presencial no centro (é dicir, teñades que traer algún tipo de documentación), será preciso acudir cunha cita previa concertada, sempre un solo (sen nenos) e con mascarilla e luvas, ao atoparnos nunha área cerrada e de contacto directo. Non se recibirá a ninguén que previamente non concertase a cita telefónicamente. Unha vez que teñades a vosa cita programada e cheguedes ao centro, atoparédesvos con que a porta exterior permanecerá aberta, para evitar o contacto con ela, entraredes no recinto escolar, e deberedes esperar no hall exterior a que vos reciba, para evitar o contacto cos que podan estar dentro.

De momento o único trámite que se abre é o da admisión do alumnado para o vindeiro curso. Posteriormente, e a medida que vaian saindo as instruccións, ireivos enviando a documentación para a xestión dos libros de texto, do comedor e do servizo de transporte.

Grazas pola vosa paciencia!!

Apertas!!



page | by Dr. Radut