Skip to Content

INICIO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Bo día familias!

 

Comezamos o terceiro trimestre, e á espera da xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, as instruccións remitidas no día de onte pola nosa Consellería, son as de programar actividades de repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave.

 

Por este motivo, iremos colgando nesta plataforma o material para que teñades á vosa disposición, e poder descargalo.

 

Os titores/as iranse poñendo en contacto con vós a través dos correos que lles facilitástedes, para que, si algún non pode acceder ao material, tratemos de buscar unha canle para que esto sexa efectivo, e todo o alumnado poda recibilo.

 

Estade pendentes tamén dos ingresos do comedor, e si alguén vai recibindo os pagos, agradeceríavos que mo comunicásedes, por si xurde algún problema, e intentar solventalo, sobre todo para aqueles que vos puxéstedes en contacto co centro para facer as solicitudes.

 

Estamos á vosa enteira disposición, tanto nos nosos correos persoais, como no do centro, para calquera dúbida que vos poda xurdir. 

 

Grazas por todo, e moita saúde! Cada día, é un menos para voltar a reunirnos cos nosos nenos e nenas, dos que seguimos a estar moi orgullosos, e tamén é un máis para facernos máis fortes!! Xuntos, acadarémolo!

 



page | by Dr. Radut