Skip to Content

COMUNICADO SOBRE A AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE

Estimasdas familias:

Debido ás medidas de contención no ámbito educativo e da formación, e a efectos de dar continuidade no calendario escolar, o centro procederá a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre.

Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

Con todo isto, procederemos a avaliar ao longo destes días, e, para rematar o proceso, pedímosvos que cada familia, se poña en contacto co/a seu/súa titor/a a través do correo electrónico que se vos facilitou, para que lle enviedes a dirección do voso correo, ao que se vos vai a enviar o boletín de avaliación.

Tratamos de facilitar ao máximo toda a tarefa, na medida do posible. E precisamos que como máis tardar, teñamos os vosos e-mails este mércores, día 1 de abril, nos nosos correos.

Agradecendo de antemán a vosa paciencia, unha aperta virtual e moita saúde!



page | by Dr. Radut