Skip to Content

Fondo solidario e axudas para libros de texto e material escolar

Prezadas familias:

Ven de publicarse a seguinte Orde: ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario
de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material
escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos
con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento
ED330B, ED330G e ED330H)

Poderase solicitar:

- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO do alumnado matriculado en 3º e 4º de PRIMARIA, xa que  5º e 6º está a utilizar EDIXGAL.

- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO destinadas ao alumnado de 1º e 2º de PRIMARIA.

- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR  destinadas ao alumnado DE TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA.

Para a concesión destas axudas terase en conta a renta per cápita da unidade familiar, situacións de garda ou tutela... (Prema aquí para ler a convocatoria).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo para presentar solicitudes iniciouse o día 20 de MAIO e rematará o día 22 de XUÑO de 2022 (este incluído).

As solicitudes poderán presentarse de varios xeitos:

  • Por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na Aplicación FondoLibros.
  • Cubrindo os impresos correspondentes que serán enviados ao alumnado e entregándoos posteriormente no centro de xeito presencial.

* Documentación Complementaria:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

- ANEXO II.

- En caso de separación/divorcio, a sentencia xudicial ou convenio regulador.

- Certificado de discapacidade.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

- Resolución xudicial por incapacitación con patria potestade.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores.

- Certificado de convivencia, no caso de carecer de DNI.

 

Recibide un cordial saúdo.



page | by Dr. Radut