Convocatoria de fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición dos libros de texto e material escolar. Curso 2023/24

 

1. Obxecto da convocatoria.

Alumnado matriculado nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan:

  • Axudas para adquirir libros de texto. Alumnado matriculado en 1º e 2º de EP
  • Participación no fondo solidario de libros de texto. Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e ESO
  • Axudas para adquirir material escolar. Alumnado matriculado en EP e ESO

 2.   Asignación de libros e contía das axudas.

Contía das axudas para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP será a seguinte

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 240 euros
  • Renda per cápita familiar desde 6.000 ata 10.000 euros: 160 euros

                 Fondo solidario

  • A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º que estean dispoñibles no fondo solidario do centro farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar do alumnado que participe no fondo solidario.

  • Unha vez esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

-  Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis libros de texto.

- Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a10.000 €: catro libros de texto.

Material escolar

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria será a seguinte:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 € 
  • Renda per cápita familiar desde 6.000€ ata 10.000 €: 60 €

3.   Obrigas das persoas beneficiarias. Conservar

·  Conservar en bo estado os libros de texto e devolvelos ao rematar o curso 2023/2024 (está excluído desta obriga o alumnado de 1º e 2º de EP).

  4.       Para calcular quen ten dereito ás axudas, sumaranse as rendas de cada un dos membros da familia que obteñan ingresos de calquera natureza e dividirase entre o número de membros computables da unidade familiar (pai, nai, alumno/a e irmáns menores de idade) a 31/12/2021. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda no exercicio fiscal 2021, sumarán os recadros 435 (base impoñible xeral) e a 460 (base impoñible do aforro). Cando non a presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Tributaria. No caso de que a unidade familiar non estea conformada deste xeito deberá acompañarse xustificante.

 5.       Presentación das solicitudes.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados (ED330B -anexos I e II-) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Opcionalmente poden presentarse presencialmente en papel o Anexo I e Anexo II desta orde no centro educativo en que estea matriculado o/a alumno/a
  • As instancias de solicitude estarán dispoñibles no centro educativo e na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal
  • As solicitudes serán asinadas polo pai/nai/titor/a ou representante legal do alumnado así como por todos os membros da unidade familiar, en caso de menores deberá ser asinado por un dos proxenitores, titor/a ou representante legal.

Xunto coa solicitude (anexo I) e comprobación de datos dos membros da unidade familiar (anexo II) deben presentar copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros da unidade familiar. Documentación complementaria acreditativa de calquera outra circunstancia que deba ser tida en conta.

A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/2024. No caso de que se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño do 2023.

 Orde da convocatoria:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-100523-0001_gl.pdf

 Aplicación fondolibros:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 Sede electrónica Xunta de Galicia

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 Solicitude:

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294

 

 

 

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30
Punto Laranxa contra o acoso escolar