Día Mundial dos Legumes

Como cada 10 de febreiro, celebramos o Día Mundial dos Legumes pola FAO;  e esta non sería máis que outra efeméride pasaxeira, se non fose porque probablemente nos atopemos coa proteína do futuro. Só basta con ollar como outros continentes ou outras culturas da nosa contorna teñen aos legumes como fonte proteica principal da súa pirámide alimenticia. 

Se preguntásemos ás nosas xeneracións pasadas, seguro que nos falarían da cantidade de fabas, lentellas ou garavanzos que consumían, e como a carne ou o peixe se reservaban para unha soa das comidas ou para ocasións especiais. 

Sumándonos a esta iniciativa de Slow Food Internacional, o alumnado coa dirección do noso cociñeiro Óscar, fixeron este vídeo que esperemos que vos guste, así coma o menú que imos a ter no día de hoxe no noso comedor baixo o nome de “Legumínico” na que participaron na súa elaboración o alumnado do centro:

 

  1. Faba de Lourenzá, ameixa e polbo de Roca.
  2. Milanesa de polo en fariña de garavanzo con ensalada mixta.
  3. Cookies de lentella.

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar