Skip to Content

Animación á lectura

Visita da escritora Rosa Aneiros

O pasado 4 de maio, a escritora Rosa Aneiros visitou ó alumnado de 6º de Primaria do noso centro para charlar sobre o libro de lectura colectiva do cal é autora: "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea". Ademáis animounos a perseguir os seus sonos e a adicarse o que máis lles gustara. Confesou que ela nunca pensara en ser escritora profesional pero que xa dende pequena notaba a necesidade de expresar de forma escrita o que sentía e bulía polo seu interior e nunca deixou de escribir. Outros títulos de esta utora son: "Xelís, o guieiro das botellas de mar", "Ámote Leo A.", "Orestes perde o sentido"... entre outros. Dende o noso colexio agradecémoslle a súa presenza.

Rosa Aneiros

Libro de Rosa Aneiros

Rosa Aneiros

Recomendacións de libros (Nadal 2020)

Aquí vos deixamos as recomendacións de libros para agasallar este Nadal!

 

 

Ir ao Genially "A árbore dos libros"

Libros contra a violencia de xénero

Cada 25 de novembro celébrase internacionalmente: “O día contra a violencia de xénero”, dende o equipo da biblioteca, estamos poñendo especialmente interese en adquirir libros que conciencien os nenos e nenas da igualdade entre ambos sexos e do respeto mutuo para evitar a violencia. 

Libros contra a violencia de xénero

Hoxe é o día da Biblioteca!

Día da biblioteca. Presentámosvos a Fantasmón

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

22/10/2019

Queridas familias:

O neno /a de Educación Infantil e Primaria, está na mellor idade para poder inculcarlle o gusto pola beleza dos libros. Ademais, diversos estudos, afirman que o neno/a que posee hábitos de lectura enfróntase máis fácilmente cos libros de estudo.

En todo neno/a hai unha actitude innata para todo o que sexa beleza, narración, poesía... tan só é preciso educala. É por isto que debemos elixir libros que estimulen a imaxinación, que transmitan información, que satisfagan a súa curiosidade e teñan unha linguaxe axeitada á idade.

Partindo de que a lectura é o mesmo para a mente que o exercicio para o corpo, debemos favorecer un ambiente onde o neno/a sentirá a necesidade de ler, manipular e observar diversos libros como fonte de pracer.

O conto é o principal motivador para iniciar unha serie de aprendizaxes escolares, xa que desperta gran interese nos nenos/as, pois lles permite:

► Comprender sentimentos de outros.

► Convertir o fantástico en real.

► Identificarse cos personaxes.

► Despertar a sua fantasía, imaxinación, creatividade.

► Suavizar tensións e resolver estados conflitivos.

Ler é conseguir a chave para entrar nun mundo novo, un mundo de poder e liberdade. Isto fai que tanto país e nais, como mestres teñamos unha ferramenta fundamental a través da cal o neno/a poida aprender de maneira lúdica e esta “Mochila viaxeira” é unha invitación para disfrutar dos libros en compañía, compartindo coa familia os sentimentos e as sensacións que vos producen as lecturar que vos propoñemos.

Xunto cos materiais mandamos tamén o “Caderno viaxeiro” para que cada familia aporte as súas impresións e suxerencias sobre a actividade, os materiais, o libro que máis lle gustou... incluso algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento... Esperemos que os libros sexan do voso agrado e que gocedes da maxia da lectura.

Atentamente, o Equipo de Biblioteca Escolar.

Álbum: Biblioteca -> Mochilas Viaxeiras

ENCONTRO CON ÁNXELA LOUREIRO

O pasado día 9 de maio visitounos Ánxela Loureiro, autora de "Choiva de Ras".

Os nenos e nenas de 4º pasaron un rato moi agradable con ela, coñecendo curiosidades sobre o libro e sobre os aspectos nos que se centrou para escribilo, así coma cantando e bailando as cancións que a propia autora compuxo.

Grazas Ánxela!

VISÍTANOS YOLANDA CASTAÑO

O pasado venres veu ao cole Yolanda Castaño, autora do libro que estivemos lendo en 1º e 2º, "Coller as rendas".

Falounos da súa paixñon pola literatura dende moi pequena e leunos os poemas do seu libro adicado aos animais.

Yolanda Castaño1º

Yolanda Castaño1º

 

Grazas Yolanda!!

VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO

As nenas e nenos de 3º de primaria acudiron á biblioteca para coñecer a autora de "Ota quere voar".

Durante a visita cantamos, resolvemos adiviñas e preguntamos dúbidas e curiosidades sobre o libro e a propia autora.

Moitas grazas pola visita, disfrutamos moito!!

 

ANIMACIÓN A LECTURA

Hoxe, na nosa biblioteca, os alumnos e alumnas de 1º curso de primaria e de 6º de infantil tiveron unha visita moi especial!!

Sabela, a que viaxa nun barco de vela, ensinounos que coa nosa imaxinación podemos facer o que nos queiramos!! 

Aquí tedes unha mostra do atentos que estiveron!!

Contacontos SM 5 anos e 1ºContacontos SM 5 anos e 1º

DÍA DA BIBLIOTECA

Dende 1997, cada 24 de Outubro conmemórase o día das Bibliotecas.

A proposta xorde da "Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil" apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflicto balcánico. 

No cole, para conmemoralo, enchemos a nosa biblio de historias da man duns contacontos moi especiais: os alumnos e alumnas de 5º e 6º.

Prepararon para os compañeiros de Infantil e 1º e 2º de Primaria uns contos moi divertidos relacionados coa temática elexida como proxecto no centro: O SON

Foi un experiencia estupenda para todos!

Día da biblioteca 18 Día da biblioteca 18 (2)

Distribuir contido


by Dr. Radut