Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Decembro 21, 2019
Start: 21/12/2019 09:50

Arriba o telón!!

Sabemos que o esperábades con moitas ganas e por fin temos listos os videos do fantástico festival de Nadal 2019!

Esperamos que vos guste moito xa que todos o preparamos con moito cariño.

Ademais podedes ver o chulo que estaba o noso cole durante estos días de Nadal:

Mércores Xaneiro 15, 2020

"Stop Accidentes" en colaboración co Concello de A Coruña e a Fundación Mapfre celebraron o concurso "Ahora vamos andando al cole", que ten como obxectivo impulsar comportamentos seguros nos entornos escolares.

Alumnos de 22 centros escolares de Galicia participaron no certame presentando cartas e debuxos dirixidos aos seus pais ou algunha institución, os seus compañeiros..., permitindo miltiplicar a mensaxe da seguridade vial e brindar consellos tanto no seu entorno familiar, municipal e a poboación en xeral.

De entre todos os participantes no noso cetro contamos cunha finalista e unha gañadora, María e Antía de 6º de primaria, que presentaron un debuxo e unha carta e que acudiron ao Concello de A Coruña onde realizouse o acto de entrega dos premios. 

Parabéns as nosas campionas e a todos os participantes nesta fermosa iniciativa!

Xoves Xaneiro 16, 2020
Start: 16/01/2020 11:06

Enmarcada dentro das actividades para a próxima conmemoración do Día da Paz, a pasada semana recibimos a visita de María e Bebe, membros da ONG "Miradas al mundo". 

Explicáronnos como é a vida para os pequenos de Guinea-Bisaú, o seu día a día, as súas tarefas, os seus xogos... 

Tamén contáronnos todas as melloras que teñen feito na aldea grazas a axuda de todos, xa que durante nos últimos anos o noso cole ten organizado distintas actividades a través das cales colaboramos con esta asociación. 

Foi un momento de convivencia moi interesante e divertido, xa que ademáis de coñecer aspectos da rutina diaria en África, rematamos bailando varias danzas africanas. 

Moitas grazas pola visita, pola vosa labor e  por achegarnos esta realidade ata a nosa escola. 

Distribuir contido


by Dr. Radut