Síguenos nas redes sociais!
Eventos - Filtro:
Mar | ||
---|---|---|
Queridas familias: O neno /a de Educación Infantil e Primaria, está na mellor idade para poder inculcarlle o gusto pola beleza dos libros. Ademais, diversos estudos, afirman que o neno/a que posee hábitos de lectura enfróntase máis fácilmente cos libros de estudo. En todo neno/a hai unha actitude innata para todo o que sexa beleza, narración, poesía... tan só é preciso educala. É por isto que debemos elixir libros que estimulen a imaxinación, que transmitan información, que satisfagan a súa curiosidade e teñan unha linguaxe axeitada á idade. Partindo de que a lectura é o mesmo para a mente que o exercicio para o corpo, debemos favorecer un ambiente onde o neno/a sentirá a necesidade de ler, manipular e observar diversos libros como fonte de pracer. O conto é o principal motivador para iniciar unha serie de aprendizaxes escolares, xa que desperta gran interese nos nenos/as, pois lles permite: ► Comprender sentimentos de outros. ► Convertir o fantástico en real. ► Identificarse cos personaxes. ► Despertar a sua fantasía, imaxinación, creatividade. ► Suavizar tensións e resolver estados conflitivos. Ler é conseguir a chave para entrar nun mundo novo, un mundo de poder e liberdade. Isto fai que tanto país e nais, como mestres teñamos unha ferramenta fundamental a través da cal o neno/a poida aprender de maneira lúdica e esta “Mochila viaxeira” é unha invitación para disfrutar dos libros en compañía, compartindo coa familia os sentimentos e as sensacións que vos producen as lecturar que vos propoñemos. Xunto cos materiais mandamos tamén o “Caderno viaxeiro” para que cada familia aporte as súas impresións e suxerencias sobre a actividade, os materiais, o libro que máis lle gustou... incluso algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento... Esperemos que os libros sexan do voso agrado e que gocedes da maxia da lectura. Atentamente, o Equipo de Biblioteca Escolar. |