Síguenos nas redes sociais!
Eventos
O pasado mércores, 13 de xuño, os compis de 1º, 2º e 3º de primaria foron de excursión ata Marcelle.
O pasaron pipa e viron un montón de animais. Un día xenial!
No terceiro trimestre, continuamos co coidado das plantas da nosa horta escolar e do interior do centro.
Gracias a estes coidados fixemos colleitas estupendas de fresas, espinacas, xudías, cebolas, repolos...e todo moi ecolóxico, sen pesticidas de ningún tipo! Repartíronse entre os alumnos e algúns comentaron que prepararon con elas receitas riquísimas nas súas casas coma tortillas de espinacas, ensaladas... No panel da natureza continuouse cos traballos de investigación, noticias e fotos.
Nestes 2 últimos meses o tema proposto foi o das flores.
Por último, o centro fíxose cunha composteira gracias ao concello, e a partir do próximo curso continuaremos coa labor de concienciación no coidado do medio ambiente seguindo co traballo de coñecemento e coidado das plantas, animais, auga, etc.; a través da concienciación da importancia de xestos coma o reciclado e, ademais, fabricando o noso propio compóst.
Bo verán a todos e que disfrutedes nel da NATUREZA!!!