Síguenos nas redes sociais!
Eventos
Os alumnos de 6º visitaron esta semana o estadio de Riazor, ao C.D. Coruña, dentro do programa Escolas Branquiazuis.
O pasado día 16 de maio o alumnado de 1º acudiu ás oficinas de Control Semáforico da Policia Local de A Coruña.
Para chegar ata alí fixeron unha pequena andaina e, coa axuda da axente Silvia, aprenderon a controlar o tráfico e que a seguridade vial é moi importante!
O martes visitounos unha mamá de un alumno de 4º de primaria para falarnos das regueifas e outras formas de tradición oral propias de Galicia.
Os alumnos coñeceron máis sobre estas fontes de información e terminaron a sesión coa lectura dun libro, que gustoulles moito!!
Moitas grazas a todos os familiares que participan neste tipo de actividades!
Onte o alumnado de 6º de primaria recibiu unha charla do programa Plan Director.
Falaron sobre ciberacoso, ciberbulling, seguridade na rede e como mellorar a nosa seguridade coas contrasinais, pegada dixital...
Onte os alumnos de 4º de primaria fixeron unha saída para visitar o parque de bombeiros de A Coruña, ata onde chegaron en bicicleta.
Primeiro practicamos un pouco no patio do centro e puxemos a punto as nosas bicicletas para emprender o camiño cara ao parque.
Alí os bombeiros ensinaronnos as súas instalacións, os equipos que utilizan para as emerxencias e ... ata deixáronnos usar a mangueira!
Unha visita xenial na que gozamos moito!!
Moitas grazas aos familiares que participaron connosco!
POR FIN!! O CONSEGUIMOS!!
O curso pasado a chuvia deixou ao alumnado de 6º coas ganas, pero este ano o sol permitiu aos maiores do cole disfrutar das bicicletas pola cidade.
O noso obxectivo, chegar ata a Torre de Hércules e aprender cunha visita guiada polo seu interior.
Así foi, pedalearon como campeóns, con moita prudencia e respeto entre eles, divertíndose mentres estreaban os novos tramos de carril bici da nosa cidade...
Todo isto foi posible, entre outras cousas, á colaboración dalgúns familiares que acompañaronnos durante o trayecto, moitas grazas por elo.
En definitiva, unha excursión que resultou un éxito para todos, e que confirma a boa traxectoria do noso cole no que respecta á educación vial.
Somos uns fenómenos!!
A próxima semana será o turno para as nenas e nenos de 5º, ide preparando as bicis!!
E a choiva deunos tregua!!
Con moitas dúbidas durante toda a noite e parte da mañana, o alumnado de 5º de primaria atreveuse a sair en bicicleta coa idea de chegar secos ata o Concello de A Coruña.
O desexo cumplíuse, e pais, alumnos e profes puidemos gozar dun agradable paseo en bici e unha visita ao concello que resultou un luxo xa que puidemos visitar salas de acceso ata agora prohibido.
A volta máis do mesmo, diversión e ledicia.
Portáronse como campións. O próximo ano máis!