Síguenos nas redes sociais!
Eventos
Para rematar o mes as alumnas e alumnos de 1º de primaria saíron de excursión para visitar os xardines de San Carlos e o Museo Militar.
Hoxe os nenos e nenas de 4º A foron visitar a Compañía de Tranvías de A Coruña.
Na visita, veu recollernos un autobús urbán para levalos ata cocheiras e, unha vez alí, coñecer as normas de seguridade vial, a historia da compañía de tranvías, realizar un percorrido polas instalacións (mecánica, cambio de pezas, pintura, limpeza dos autobuses...) e finalizar nas oficinas e centro de control de todos os autobuses que circulan pola cidade.
Unha visita xenial!!
Neste segundo trimestre, ademáis do coidado das plantas da horta, das da xaula da entrada ao centro e as do interior do colexio, os equipos de colaboradores da natureza propuxeron varias actividades que tiveron bastante seguimento entre o alumnado e que foron as seguintes:
1º- Observación, fotografiado e traballos de investigación sobre os niños dos paxaros que se atopan na cidade.
O panel da natureza situado na planta baixa do centro, no corredor situado entre a biblioteca e o comedor, encheuse de fotos de niños aportadas polos alumnos de todos os niveis.
Tamén trouxeron algúns niños caídos para o seu estudio, que foron pasando polas aulas.
E algúns alumnos compartiron e expuxeron no panel traballos de investigación moi interesantes sobre o tema.
2º- As árbores que nos gustan.
En relación co tema do coidado das árbores e da súa importancia nas nosas vidas, e conectando coa celebración do día da árbore (21 de marzo) se recolleron (e aínda se están a recoller) fotos de árbores que pola súa beleza, antigüidade, rareza...son os nosos favoritos.
Tamén deste tema o alumnado está compartindo no panel da natureza moitos traballos entorno ao tema das árbores e plantas en xeral.
Moitas gracias as familias pola parte que vos toca nestes traballos e fotografías.
O pasado luns, 29 de abril, as nenas e nenos de 5º primaria visitaron o Castro de Elviña.
Aprenderon moitas cousas moi interesantes e gustoulles moito.