Síguenos nas redes sociais!
Eventos
O pasado mércores, 30 de Xaneiro, conmemoramos no cole o día Escolar da no Violencia e da Paz.
Para iso, coa colaboración de todas as familias fixemos varias actividades.
Por unha banda, construimos o noso "Camiño cara a Paz" cos bricks que os nenos e nenas trouxeron decorados da casa. O percorrido levounos ata un tablero, onde fumos colocando as pezas dun puzle que decoramos nas distintas aulas e no que recollemos a nosa mensaxe de Paz.
Rematamos a celebración bailando e cantando todos xuntos a "Polca da Paz", que preparamos coa profe Nuria.
Pola outra banda, colaboramos co banco de Alimentos Rías Altas cunha recolleita solidaria, que tivo un gran resultado!!
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!
Os alumnos de 3º sairán do centro para gozar coa obra de teatro "Gaia".
O pasado 1 de Febreiro os alun¡mnos e alumnas de 1º curso, acudíron ao Forum Metropolitano para ver a actuación das bailarinas de "Gaia".
Grazas a elas aprendimos moito sobre como coidar e valorar o noso planeta.
Foi unha experiencia maravillosa!!
O pasado día 13 os alumnos e alumnas de 1º curso saíron ao Palacio da Ópera para ver o concerto dos "Superheroes".
Coa axuda de Mr. Obelisco, Torreman e Súper Millenuium saíron de alí sendo uns auténticos rockeiros!!
As nenas e nenos de 2º de primaria van de concerto ao Palacio da Ópera!