LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020/21
Están dispoñibles no centro educativo as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido no comedor escolar para o próximo curso.
En caso de que faltase algunha documentación (está indicado nas listaxes) poderá aportala ata o luns 20 ou na primeira semana de setembro.
O prazo de reclamación ás listaxes provisionais será do 1 ao 7 de setembro.
As listaxes poderán sufrir variacións tanto por novas matrículas con dereito coma polas medidas de protección e seguridade impulsadas pola administración educativa.
Unha vez que saian as listaxes definitivas entregarase na administración do centro o modelo de autodeclaración (renta 2019) ata o 14 de setembro. Pode descargarse....... aquí ou pedilo no colexio.
Esta aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor ata o 21 de setembro de 2020.