ADMISIÓN ALUMNADO 2021/22
Rematado o prazo de presentación de solicitudes de praza para o vindeiro curso, en virtude do Art. 9 do Decreto 254/2012 que regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos considéranse ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES presentadas para os seguintes cursos:
4º ED. INFANTIL 5º ED. INFANTIL
1º ED. PRIMARIA 2º ED. PRIMARIA 4º ED. PRIMARIA 5º ED. PRIMARIA
O mércores 7 de abril fixéronse públicas as listas provisionais de admitidos no taboleiro de administración. Estableceuse un prazo de reclamación de 5 días hábiles a partir da súa publicación.
As listas definitivas saen o 12 de maio. O período de reclamación será dun mes a partir do día da súa publicación.
Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro no horario de 10h a 14h. ou enviar un correo electrónico: ceip.wenceslao@edu.xunta.es